mércores, 1 de marzo de 2017

A Araña máis Intelixente

Basic, Zdenko, (2008), A araña máis intelixente, A Coruña: Baía Edicións S.L. [18 pp.] (ISBM: 978-84-96893-54-2).

Breve descrición do formato e do contido: É un álbum ilustrado interactivo de formato cadrado que mide 24 x 24 cm. Está encadrado en cartón brando, mentres que as páxinas son de cartón máis duro. 

Na cuberta aparece o título en letras brancas na parte superior e varios debuxos dos protagonistas, mentres que na contracuberta atópase o nome da editorial e o ISBM.
 
O texto da narración atópase na parte superior da páxina e a vez está mesturado coas ilustracións. Estas xogan un papel fundamental o longo da narración acordes co texto, que son móbiles, en formato pop-up, e atópanse na parte central de cada páxina. Son imaxes moi chamativa para os nenos e nenas, xa que teñen cores vivas e uns detalles moi marcados. Utiliza unha linguaxe fácil que poden entender os nenos e nenas.
 

A historia que se conta é a da araña más intelixente. Nela nárrase as habilidades da araña, xa que é unha gran tecedora que, ademais, fai os seus traballos en cores. Logo de tecer para os seus amigos unha mazá (vermella), un vestido (laranxa), unha colmea (amarela), unha árbore (verde), un paraugas (violeta/azul), unha pelota (azul) e un xerro (violeta) aínda foi quen de sorprendelos fabricando un arco da vella.



Pontecialidades: A interacción da obra fai que os nenos e nenas se aferren á historia da araña. A través do texto narrado da A araña máis intelixente, os nenos e nenas poderán aprender as cores do arco da vella, polo feito de que captan rapidamente a súa atención, ademais de coñecer algún tipo de insecto e sobre todo o oficio da araña, que é tecer. O contido da obra é de fácil comprensión. Ten como fin axudarlle aos nenos e nenas a desenvolver as súas capacidades básicas: adquirir autonomía nas súas actividades habituais, coñcer as súas posibilidades e relacionarse cos demais.

 







[

Ningún comentario:

Publicar un comentario