luns, 13 de marzo de 2017

A casa da mosca chosca


Afanásiev, Alexander (2015), A casa da mosca chosca, ilust. Sergio Mora, trad. Eva Mejuto, Pontevedra: Kalandraka, (de 3 a 6 anos), [40 pp.] (ISBN: 978-84-8464-155-1)


Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado en galego, adaptado dun conto popular ruso, que se caracteriza polo seu volume de formato mediano e cadrado, as súas paxinas de papel e cuberta e contracuberta de cartón. Trátase dun conto acumulativo, no que as ilustracións teñen unhas cores moi rechamantes, formas orixinais e personaxes con trazos que desprenden felicidade polo seu sorriso, o que dá lugar a que se xere un ambiente humorístico. Ademais, a ilustración en cada páxina crea unha imaxe continua e desproporcionada que dá lugar á imaxinación. En canto o texto, ocupa un lugar característico na maioría das páxinas e nel faise uso da rima e a repetición.  Tamén, podemos engadir, que a cada personaxe se lle asocia un adxectivo que a vez rima co que ven a continuación.
Respecto ao argumento, na obra contásenos a historias dunha mosca chosca que cansada de zumbar dun sitio para outro, decidiu construír unha casa. Para inaugurala, fixo un pastel de moras e puxo sete banquetas e sete pratos. E, co arrecendo daquela saborosa tarta, foron aparecendo sete curiosos animais.



Potencialidades: As potencialidades que agocha este libro son moi variadas. Con el permítesenos traballar os números cardinais ata o sete e ordinais ata o sétimo, a vez que axuda a coñecer os animais do bosque e os seus tamaños de menor a maior como o morcego, a raposa, o lobo ou o oso, entre outros. Ademais, o tratarse dun conto acumulativo, no que os personaxes vanse unindo un a un, e ao empregar a rima e a repetición, facilita traballar a memoria e incluso, que os oíntes participen na súa narración ou intenten relatar eles mesmos o conto, debido o doado que resulta memorizalo. Pero o máis importante deste conto é que, mediante el, aprendésenos o valor da honestidade e a importancia de compartir con calquera, aínda que sexa cun descoñecido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario