sábado, 4 de marzo de 2017




   CUCÚ CANTABA LA RANA


   Rouras Beiner, Manel (2012), Cucú cantaba la rana, música interpr. Alfred Tapscott y Harmony        Group, BRISA editorial [6 pp.] (ISBN: 978-84-939452-4-4)


   


Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado de forma rectangular, con tapas duras e       grosas. Na cuberta presenta o título da obra en letras minúsculas de cor verde. Conta tamén cunha imaxe         animada que ocupa todo o espazo, dunha gran rá verde, deixando sitio para información complementaria como   é o contido dun CD-ROM, da partitura e a duración dos mesmos. Na contracuberta podemos ver propaganda     dos diferentes contos da mesma editorial e que seguen esta mesma liña. Predomina a cor rosa, tanto na           cuberta coma na contracuberta. Na primeira páxina atopámonos cun CD-ROM dentro dun sobre, o cal trae a     cancióan de "Cucú cantaba la rana"
En canto ó contido da obra, observamos en tódalas páxinas, imaxes da rá protagonista que nos permiten           realizar unha lectura guiada, seguindo así mellor a historia. A letra é bastante grande de cor verde, en todo o       libro.
 A historia recolle a letra da famosa canción popular que ten por título o mesmo que ten esta obra.





Potencialidades: Esta obra permitenos traballar ademáis da lectura, outro factor moi interesante dentro da       educación infantil, como é a música. É moi bo traballar cos nenos/as de educación infantil a lectura a través   da música, xa que así poden descubrir por eles mesmos/as as cancións e as partituras de diferentes melodías, como ocorre neste caso. Ademáis as imaxes que presenta tamén axudan a unha lectura autónoma. 
Os nenos/as que teñan máis de 6 anos, que sepan ler, poden ler eles mesmos/as a obra, observando as imaxes ó mesmo tempo que escoitan e cantan a canción popular, mentres que os máis cativos/as que aínda non saben ler, poden  limitarse a ver as imaxes e escoitar a canción, ou no mesmo íntre, escoitar a a lectura do libro da man da súa familia ou mestre/a.
É unha canción pegadiza e fácil de memorizar, polo que tamén podemos xogar co papel de aprendela de memoria para despois cantala. A súa rima nas diferentes partes da canción, permiten o traballo da mesma, é dicir con esto poden aprender que é a rima, cando se forma, cómo etc. dunha forma divertida, como é adentrándose no mundo da música e da lectura.
O libro é de pouco peso, polo que é manexable para todos os nenos e nenas. Tamén é grande, polo que está ben tanto para ver as súas imaxes coma para lelo. 
En conclusión, este libro permite unha lectura dinámica, onde a aprendizaxe é múltiple, tanto no ámbito da autonomía, como no ámbito da rima, da lectura e da música, a través dun personaxe como é a rá, que a podemos apreciar en tódalas páxinas do libro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario