martes, 14 de marzo de 2017

O paseo do Elefante.

Nakano, Hirotaka (2015), O paseo do Elefante, ilust. Hirotaka Nakano, trad. Suevia Sobral Santiago, China: Lata de Sal Editorial, S.L, [32 pp.] (ISBN: 978-84-943696-3-6).


Breve descrición do formato e contido dá obra: Trátase dun álbum ilustrado de tapa dura e forma rectangular (19,1 x 26 cm).
Encadernado en cartoné plastificado mate e destinado para nenos e nenas de entre 2 a 7 anos.
A historia trata sobre un elefante que decide saír a dar un paseo debido a que fai un día marabilloso.
Polo camiño vaise atopando con diferentes animais: cun hipopótamo, un cocodrilo e unha tartaruga… Os cales cada un deles queren pasear co hipopótamo pero subidos non seu lombo.

O hipopótamo carga co peso de todos eles ata que xa non pode mais e caen todos nun lago. Isto en vez de fastidiarlles o seu paseo tómano como algo divertido e gozan dun agradable baño.


Podemos interpretar esta historia como unha metáfora dá vida a cal en ocasións, presenta situacións complexas que hai que afrontar con optimismo e intentar sacarlles sempre o lado positivo.

Potencialidade: Esta lectura é un clásico en Xapón, considerado como un gran referente dentro dá literatura infantil e por isto foi difundida por todo o mundo.
A mensaxe que lles podemos transmitir os cativos/as a través dá mesma é a de manter unha actitude positiva ante os pesos dá vida. Neste caso cada un dos animais ofrécelle o elefante unha compaña pero tamén unha carga.
As ilustracións son moi chamativas e significativas e a repetición dos diálogos en cada encontro que ten o elefante con cada un dos diferentes animais, axudan os pequenos/as a memorizar a historia e atopar o seu sentido.
Tamén podemos traballar os diferentes tamaños (grande,mediano,pequeno...).

Ningún comentario:

Publicar un comentario