xoves, 2 de marzo de 2017

O pito cairo

O pito Cairo 



Nuñez, marisa (2000), o Pito Cairo, ilust. Hetle thomassen, trad. Marisa Nuñez, Pontevedra: col. Os contos do trasno, edi. Kalatraba, 18 pp (ISBN: 978 84 95123 85 5).




breve descrición do formato e contido da obra: Esta obra contanos a historia dun pito, por nome Cairo, que un bo día atopouse cunha bolsa chea de ouro. Este pito decidiu ir onda o rei ensinarlle a bolsa douro, o que non sabía o noso protagonista era que o monarca tiña outras intencións con Cairo.
Este relato é un album ilustrado de tipo narrativo que nos conta unha historia orixinal.
Consta dunha cuberta e unha contracuberta, en ambas aparece o pito cairo. Podemos ver na imane como o libro ten tapas duras e rematadas en punta, no interior deste atopamos tanto texto como imaxes e ambas páxinas.  As ilustracións aportanos moitas cores alegres e vivas e axudanos a seguir a narración.





Potencialidades: pareceme interesante levar este conto as aulas para que os nenos coñezan tanto a cairo, o protagonista como o rei, neste caso o antagonista. A historia danos exemplos para expor na clase sobre a honradez, o agradecemento, a amizade o egoísmo a maldade...
Outra vantaxa que nos ofrece este conto, son as rimas e as repeticións que nos aporta, como todos sabemos estos factores influen positivamente para os cativos, xa que grazas as repeticións e as rimas fan que os nenos presten mais atención durante a lectura do libro, se divirtan mais aprendan ducha maneira moi doada as palabras claves do texto...
Polo tanto grazas a lectura deste conto nas aulas, podemos abordas temas como o non compartir, unha característica moi comun en todas as aulas de infantil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario