domingo, 12 de marzo de 2017

VELLIÑAS.


VELLIÑAS.

Pita, Charo (2009), Velliñas, ilust. Fátima Afonso, Pontevedra: OQO, (+4 anos), [48pp], (ISBN: 978-84-9871-150-9).


Breve descrición do formato e do contido: trátase dun álbum ilustrado con encadernación en cartoné, formado por 48 páxinas  e tapas duras dun tamaño de 25x23 cm  sen cantos redondeados. Na cuberta aparecen debuxadas as personaxes principais, Antea e Filipa,  sobre un fondo claro de cor ocre, potenciando a súa imaxe de maneira que cubren case toda a cuberta.


 



Sen embargo, na contracuberta non aparece ningún elemento debuxado,é moi sinxela e só aparece o fondo de cor ocre e os logos da editorial.



A ilustradora deste álbum, Fátima Afonso regálanos unha mostra, contida pero eficaz, da súa demostrada capacidade para xerar imaxes de marcado carácter narrativo. As puntuais contraposicións de texto-imaxe obrigan ao lector a resolver algúns problemas de distanciamento, pero respectan en todo momento a función narrativa do discurso plástico.
Propón unha xenerosa serie de planos medios para despregar un discurso dominado sobre todo polos acrílicos, con imaxes repletas de suxestivos detalles narrativos, o que permite gozar dunha lectura demorada e profunda.






Conta con bastante letra como podemos observar ao longo do conto, fai uso do  emprego dos diálogos entre os personaxes e tamén o uso de maiúsculas e negriña para captar máis a atención en determinados fragmentos como podemos ver a continuación:




Velliñas é un relato de renacemento na vellez, con elementos máxicos propios dos contos tradicionais, onde o coidado, a paciencia, a imaxinación e a valentía transforman a rutina de dúas mulleres maiores que se queren cunha alegría e unha forza, capaces de venceren calquera contratempo.
O libro contanos a historia de dúas velliñas humildes, Antea e Filipa que comparten todo, aínda que o seu todo sexa case nada: sopa de auga de luns a sábado e un fideo a medias os domingos. Pero son felices ao contar coa súa maior riqueza: o afecto dunha pola outra.
Esta historia amosa que somos capaces de facer cousas que parecen imposibles polas persoas que queremos, e que paga a pena chegar a vellos, pero moi vellos, para gozar canda elas dos grandes praceres; un gran banquete e dos pequenos; unha faba diminuta.




Potencialidades:  a través de este libro podemos traballar cos nenos e nenas a importancia e valor que lle debemos dar as persoas maiores, que non porque sexan máis vellas xa deixan de facer cousas, se non que é ao contraio aínda teñen vitalidade para poder regalar sabedoría e compartir moitos momentos bos.

Tamén a importancia de saber valorar o que tes, moitas veces por ter moito non che da a felicidade, e sen embargo tendo menos proporciónache todo o que che fai falla para ser feliz.
Por último cabe destacar, que nos axuda a traballar o afecto hacia as persoas que polo cariño que lle podes ter a unha persoa podes ser capaz de facer calquera cousa para axudala en todo o que poidas.

A autora, Charo Pita, o que nos pretende lémbrar e recordar para que teñamos presente é que a idade é un regalo: está chea de vida e de misterios. Unha cara esculpida polas engurras é como unha árbore milenaria. O seu tronco groso florece cada primavera do mesmo xeito que unha persoa anciá con cada amencer. Así son Antea e Filipa, aventureiras do día a día, do carpe diem.


Ningún comentario:

Publicar un comentario