sábado, 29 de abril de 2017

Mi mejor amigo

MI MEJOR AMIGO.

Mi mejor amigo (Castellano). Autor: Satoe Tone. Ilustrador: Satoe Tone. Editor: Uranito. (Noviembre de 2016). ISBN: 978-84-16773-11-4 E-ISBN: 978-84-16715-49-7.



Breve descripción de formato e contido da obra: Trátase dun conto de tapa dura, con cantos rematados en punta , 23x23 cm de forma cuadrangular. Na portada aparece un coello que será o protagonista da historia e a súa casa que é unha mazá e o título vai enrriba do debuxo.

Neste conto podemos ver unha historia de amizade entre o coello e un ovo que atopa a o principio do conto sendo este un dos valores principais que se traballa neste conto. Trátase dunha historia na que un coello atopa un ovo co que convive a diario, fanse moi amigos pero logo a nai do ovo , unha galiña atopao e levao con ella. Entón o coello queda  moi triste pero ao final da historia volve seu amigo dandose de conta todo o que cambiara.

Potencialidades: Como ben dixemos na descripción e un libro que traballa o tema da amizade a través dos principais protagonistas, o ovo e o coello. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario