sábado, 29 de abril de 2017

A RÚA DA TIXOLA

Pita, Charo (2014), A Rúa da Tixola, ilust. Massimiliano di Lauro, trad. Charo Pita, Pontevedra: OQO (+2 anos), [20 pp.] (ISBN:978-84-9871-485-2).








Breve descrición do formato e contido da obra: Volume cadrado de pequeno formato. Na cuberta debúxanse uns edificios de distintas cores e xusto no centro, unha señal con distintas direccións nas que aparece o título do libro "A Rúa da Tixola" arriba, "Charo Pita" e "Massimiliano di Lauro" na parte central e a editorial "OQO" abaixo. Todo isto sobre un fondo branco.
No interior, o libro conta a historia que sucede na Rúa Tixola, unha historia que a desencadea un neno que chora, e a partir de ahí van sucedendo máis cousas, pero todas elas relacionadas e desencadeadas polo neno. O neno chora e o veciño moléstase e co enfado písalle o rabo ó gato, éste da dor sae pola ventá e cae enrriba do carteiro que perde unha carta, como non lle chega a carta a quen lle ten que chegar, a dona enfádase moito e bérralle ó froiteiro. Éste ó marchar, case esmaga unha ra. Isto viuno un garda e fixo soar o pito con tanta forza que caíu no xardín do Señor Magnolia. O Señor Magnolia preguntalle que lle pasou e o garda cóntalle, así que dalle un ramo de flores para que lle leve ó froiteiro e lle pregunte qué lle pasou. Así fai un e outro personaxe, ata chegar ó veciño que lle vai preguntar ó neno que lle pasou, nada máis velo xa sabe o que lle pasa, quería que alguén lle contase un conto.
Nas ilustracións do libro predominan a cor azul, o vermello e o amarelo. Todas as ilustracións son sobre un fondo branco.

Potencialidades: É un conto no que as suas ilustracións chaman moito a atención dos nenos debido a que os debuxos están sobre un fondo branco.
E pasando ó contido do libro, a historia que se conta é unha historia encadeada, na que a acción dun persoaxe ten unha repercusión no seguinte persoaxe que vai aparecer, e iso fai que os nenos sigan moito mellor o fio da historia, ademáis de memorizala moito mellor. Respecto tamén a memorización, esta tamén se busca no momento no que todos os persoaxes preguntanse uns a outros o que lles pasa, xa que todos fan a mesma pregunta coa mesma estructura.

Ó final do libro vése que o conto que o veciño vai contarlle ó neno, é o mesmo que nos acabamos de leer.




Ningún comentario:

Publicar un comentario