venres, 21 de abril de 2017

ALFABETO






ALFABETO


Puño (2012) Alfabeto; Editorial: Kalandraka; [54 pp.] (ISBN 978-84-92608-61-4)


BREVE DESCRIPCIÓN DO FORMATO, CONTIDO E OBRA: Albúm completamente ilustrado, sen letra. De tamaño pequeno, con forma cadrada e tapas duras e grosas. Na portada aparece un coche de cor vermella, onde porta un pino na baca do teito. De fondo aparece un edificio con ventás, dentro dunha rúa con farolas. O título do libro aparece en letras maiúsculas de cor branca. Debaixo do título aparece a firma do autor, Puño (David Peña) en minúsculas e cor negra. Abaixo de todo aparece a firma da editorial Kalandraka de cor branca. A contracuberta e de cor negra, completa.
O libro é completamente ilustrado, xa que aparecen imaxes e ilustracións en todas e cada unha das páxinas do mesmo, sen ningún tipo de letra. Pero todas estas imaxes estannos a contar unha historia, a historia do alfabeto.
Cada dúas páxinas están adicadas a unha letra do alfabeto, onde aparece unha imaxe concreta, que algún dos seus elementos representa a letra.
É unha obra que se sae do tradicional, se sae da liña común dos libros con texto e imaxe. En todas as imaxes aparecen aventuras por un bosque de acampada, loitas, ecoloxismo etc.





POTENCIALIDADES: Este libro ilustrado integramente serve para explicarlles ós nenos e nenas que non só exsiten libros que teñan textos, xa que pode haber libros que narren historias de forma visual a través de imaxes,
Por outra banda, está a traballar o sentido da vista como sentido principal de recibimento de información, xa que a historia que estase a contar chégalles mediante os ollos.
Outra potencialidade deste libro é o coñecemento do alfabeto a través de imaxes que conteñan as diferentes letras que queremos aprender ou unha forma que as asemelle, para que así os rapaces e rapazas mais pequenos que queren aprender este alfabeto o fagan dunha forma visual e divertida.
As imaxes que contén o libro ademais proporciónanlle información adicional sobre o ecolóxico, o coidado do medio ambiente, a natureza etc. polo que os conciencia dun coidado e respeto polo campo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario