sábado, 29 de abril de 2017

El tunel

Browne, Anthony (2011), El túnel. México: Fondo de Cultura Económica, 1994., (+5 anos). [26 pp.] (ISBN: 978-96-8163-971-6).
Breve descrición do formato e contido da obra:As gardas deste álbum ilustrado anticípannos dous mundos antagónicos: nunha paxina mostra como un empapelado cheo de flores, deixando entrever un espazo interior no que se observa un libro nun extremo, na páxina seguinte, a ilustración móstranos un mundo exterior, unha parede de ladrillos. A pesar das diferenzas ambas ilustración aparecen en tons ocres, propiciando a calidez como elemento en común.
Dous irmáns son completamente diferentes e non se levan ben entre eles. Un día súa nai mandaos ao parque a xogar para que resolvan as súas diferenzas e deixen de lado as discusións. A nena era introvertida , calada, miedosa e gustaballe moito ler, polo contrario, seu irmán era extrovertido, deportivo e sempre berraba. No parque, explorando o terrreo, atopou o irmán un túnel  no que decidiu entrar.
A irmá quedara fora esperando. Cando se decatou de que tardaba moito decidiu ir a buscalo deixando os seus medos atras. Estaba desesperada buscandoo por todo aquel bosque encantado, cando o atopa convetido en pedra. Ela comeza a darlle amor e abrazalo ata que volve a normalidade.
Potencialidades:


Grazas as ilustración podemos comprender con máis claridade o texto e dunha maneira máis divertida. Tratase dun libro intrigante que nos propicia a inquedanza do que poida pasar e potencia o querer saber como remata a historia.
Pódemos ver como se manifesta o amor que hai entre os dous irmáns e que entre eles hai sentimentos a pesar de que  non os demostren a miúdo. As diferenzas entre os dous personaxes non foron un obstáculo para que a confianza e a seguridade interior que o neno tiña, afirmara a crenza de que súa irmá o iría a buscar. Outro tema importante que trata é o de vencer os nosos propios medos tal e como o fixo a nena por recuperar a seu irmán, e como o ben sempre acaba triunfando sobre o mal.

1 comentario:

  1. Este cuento nos ayuda a reflexionar sobre la importancia de nuestros seres queridos. Remarca como aceptar y celebrar nuestras diferencias ayuda a mejorar nuestra convivencia; dar amor a los demás es mucho más provechoso y positivo que pelearnos los unos con los otros.

    ResponderEliminar