sábado, 29 de abril de 2017

Loboferoz

Patacrúa (2006), Loboferoz, ilustr. Chené Gómez, OQO editora, (de 3 a 6 anos) [36 pp] (ISBN: 978-8496573505).


Breve descrición do formato e contido da obra: este libro é un álbum ilustrado de pouco volume e formato cadrado. Na cuberta encontramos o personaxe principal e titulo do conto como si estivese escrito a man con letras de diferentes tamaños, Loboferoz. A contra cuberta é a continuación do fondo de cuberta en ton marrón claro. Este álbum non destaca polos seus cores, xa que empréganse diferentes tons de marróns e cores moi apestalados, cun formato bastante minimalista onde só aparece o esencial. En canto ás ilustracións podemos dicir que son con formas xeométricas e un pouco desestruturada como si estiveramos ante un collage polo que os animais que saen cos ollos mal colocados, as cabezas cadradas,etc… O conto en si trata do cambio de vida que quere facer o Loboferoz farto de comer papas de arroz, e no seu intento por conseguilo e comer animais o Loboferoz fracasa. Tamén cabe destacar que estamos ante un conto acumulativo, diálogo repetitivo dándolle ao conto unha fácil comprensión e sencillez.


Potencialidades: aínda que o título de Loboferoz pódenos dar algunha pista do transcurso da historia o final e bastante inesperado se non coñeces o conto. Con este conto traballaremos os animais domésticos relacionados co lobo e tamén o enxeño que saca cada un deles para enfrontarse o vil e ruín lobo, que a diferencia de todos os lobos, este non da medo e só come papas de arroz. En xeral, este conto grazas o seus aspectos acumulativo e repetitivo, e unha boa opción para utilizalo cos máis pequenos, onde as nenas e nenos participan activamente na narración do conto e o seu carácter humorístico fai que o pasen ben. Tamén en relación co conto encontramos a canción de loboferoz, que a podemos utilizar xa que é moi sinxela e simple:

https://www.youtube.com/watch?v=V04O4elu-tg

Ningún comentario:

Publicar un comentario