venres, 28 de abril de 2017

Los ruidos de la noche


Jiménez, Mº Ángeles (1993), Los ruidos de la noche, ilust. Pablo Prestifilippo, Colección: Tren Azul, editorial: EDEBÉ [31 pp.] (ISBN 9788423632589).





Breve descrición do formato e contido da obra:
Volume de formato pequeno, de tapas semiduras, máis ríxidas que as páxinas do seu interior, o cal pertence á colección "Ten Azul". A súa forma é rectangular case cadrada: 21 x 20 cm. Na portada aparece a protagonista principal.

O texto, na maior parte do libro, atópase na páxina do lado esquerdo, encontrándose unha imaxe identificativa ao lado dereito, como se pode observar:
 





O conto versa sobre os diversos ruidos que hai na noite (o maullar dos gatos, os ladridos dos cans, os aullidos dos lobos, o croar das rás...), os cales ás veces lle gustan a nena, pero noutras ocasións non lle gustan xa que non a deixan durmir. A nena fala das cousas que lle gusta facer, en contraposición a eses ruidos nocturnos, como por exemplo: gústalle o seu globo vermello e tamén recibir sorpresas, entre outras cousas, pero o que máis lle gusta, con diferenza, é facer amigos, os cales lle axudan a non pasar medo e non asustarse polos ruidos da noite.


Potencialidades:
Este conto non ten unha recomendación de idades específica, polo tanto poderíase traballar con el con nenos e nenas  de educación infantil de calqueira idade.
O conto pode servir para traballar os sons que se atopan na natureza, tanto polo día como pola noite, e para que vexan que son algo normal e natural e algo ao que non lle teñen que ter medo ningún.

Tamén pode servir como forma para presentar os distintos sons que emiten os animais, e para que os nenos e nenas aprendan a identificalos. Poder identificar - relacionar os nomes de distintos animais co son (sabendo que ese son é a maneira que ese animal ten para comunicarse con outros animais da mesma especie) que os identifican.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario