venres, 28 de abril de 2017

O EMBIGO DE XANECAS.


O EMBIGO DE XANECAS.


Aragüés, Ramón (2010), O Embigo de Xanecas, ilust. Francesca Chessa, tradc. Roque Chepete, Pontevedra: OQO, (+3 anos), [36pp], (ISBN:978-84-9871-226-1).

Breve descrición do formato e do contido: trátase dun álbum ilustrado con encadernación en cartoné, formado por 36 páxinas  e tapas duras dun tamaño de 25x23 cm  sen cantos redondeados.
Na cuberta aparece debuxado o personaxe principal, Xancas, o cal sae ensinándonos o seu embigo, nun fondo en tons azuis e de burbuxas simulando o baño.
Sen embargo, na contracuberta non aparece ningún elemento debuxado,é moi sinxela e só aparece o fondo de cores azuis e os logos da editorial e información do conto.



As imaxes do álbum son obra da ilustradora italiana Francesca Chessa. Trátase dunha artista cunha ampla traxectoria profesional que traballa para editoriais de todo o mundo (Italia, Francia, O Xapón, Suíza, EUA, O Canadá). Agora, grazas a esta colaboración con OQO editora, os lectores galegos tamén poderán gozar do traballo desta autora.

Para debuxar os personaxes do álbum, Francesca Chessa inspirouse na súa propia familia. En concreto, a portada nace dun xesto do seu sobriño, quen a unha pregunta da ilustradora sobre o embigo, reaccionou como vemos, levantando a camiseta e mirando con curiosidade para o buratiño da súa barriga.



A partir desta anécdota, a autora tivo claro que as ilustracións debían transmitir a espontaneidade e naturalidade dos xestos infantís. Creou unhas imaxes coloristas e desenfadadas, concibidas para que os cativos se identifiquen cos escenarios, cos personaxes e tamén coa súa forma de comportarse. Para este traballo utilizou acrílicos, e colaxe nalgúns elementos, para o embigo por exemplo, deste xeito consegue que non pase desapercibido.

Conta con bastante letra como podemos observar ao longo do conto, fai uso do  emprego dos diálogos entre os personaxes e tamén o uso de maiúsculas e negriña para captar máis a atención en determinados fragmentos e tamén emprega letra dun tamaño máis pequeno que o resto para facer pequenas aclaracións da historia o narrador como podemos ver a continuación:



Este conto relata a historia dun neno chamado Xanecas cando tiña catro anos, e coma todos os nenos a esa idade, era moi curioso. O que máis lle gustaba no mundo era explorar, e case cada día facía un descubrimento novo. Un día bañándose meteu o dedo no seu embigo e gustoulle tanto que decidiu investigar porqué tiña embigo. Cando saíu do baño preguntoulle ao seu pai, a súa irmá Alba, ao seu avó Paulo pero todos estes non lle daban respostas convincentes de porqué Xanecas tiña embigo, ata que chegou a súa nai e volveulle preguntar - ¿Pero, por que teño embigo?- e súa nai respondeulle que cando era bebé e estaba aínda na súa barriga servía para alimentalo a través dun tubiño conectado ao embigo, e cando naceu o médico quitoulle o tubo quedando ese buraco. Ante esta resposta Xanecas quedou todo contento e convencido de porqué tiña embigo e foi comer feliz a súa tortilla de pataca, e díxolle a nai que esta vez prefería que lla dira pola boca e non polo embigo como cando era bebé.



Potencialidades: A través de este conto podemos traballar cos nenos e nenas a imaxinación e a creatividade, ao igual que nos axudará a contestar a todos aqueles que teñen que dar resposta ás miles de preguntas que nacen da curiosidade dos nenos e nenas, un valioso recurso co que lles explicar dunha forma sinxela e divertida o misterio do embigo.
Tamén nos serve para traballar a hixiene cos nenos e nenas dunha maneira entretida, posto que un baño calquera pódenos servir para formular diferentes preguntas e curiosidades que nos xorden ao logo do baño.


Ningún comentario:

Publicar un comentario