domingo, 9 de abril de 2017

O fío

García Iglesias(2016),El Hilo,ilust.Rosa Osuna,Sevilla:Kalandraka ,col.Libros para soñar (+3 anos)[36pp] ISBN(978-84-864-989-2)

Breve descrición do formato e contido da obra : Libro ilustrado,de forma cadrada (22x22cm), encadernado en cartoné ,e de pouco volume  .Consta dunha cuberta e contracuberta, ámbalas dúas de tapa grosa. Na cuberta aparece unha imaxe dun neno sostendo un fio todo enmaranado 
O título da obra amósasenos no centro do libro , en maiúsculas  ,mentrés que o nome da autora aparece debaixo,xunto co da da ilustradora ,e debaixo de ámbalas dúas a editorial do libro .Na contracuberta ,o nome da editorial,Kalandraka. No seu interior atopamos unhas gardas onde a esquerda  se nos amosa unha ilustración dun gato de cor azul turrando pola boca dun fío mentras que do lado dereito está un páxaro amarelo co seu niño termando do fio .Se pasamos a folla temos unha portada onde a man esquerda temos as referencias de publicación,é dicir,ano de publicación,rescripcións,o ISBN ,o número de páxinas...,mentras que polo outro lado aparece no encabezado o nome do autora e da ilustradora ,e debaixo o nome do título e a súa editoral,acto seguido atopamonos cunha imaxe sinxela dun neno onde as cores predominantes van a ser o azul e o amarelo,resaltando sobre un fondo de cor branco ,ademáis consta de pequenas narracións en primeira persoa onde nos conta a historia de como o rapaz da imaxe atopou un día un fío na súa chaqueta ,así que decidíu tirar del ata que a súa chaqueta acabara por desaparecer e no seu lugar houbese  un gran morico de fíos ,pero a cousa non acababa aí xa que o fío agora extendérase a camiseta e dela o pantalón e logo os calcetíns e o calzón .Cando xa daba por finalizado o nó,percatouse de que aínda permanecía e  seguíuno e veu que estaba nun raio de sol pegado e turrou por el e o sol desfiañouse,logo unha nube e máis tarde o ceo enteiro,logo descendeu  por un bidueiro,desbaratando aquel bosque ,cando rematou atopouse só e canso, nunha páxina en branco xunto cun ovelo enmarañado.

 Potencialidades: é un libro didáctico cargado  de  humor e ironía(cando o neno comeza a turrar do fío e cada vez,vaise desvaecendo todo o seu redor mentras que o ovelo vaise facendo máis grande ),neste aspecto poderíamolo interpretar como que a vida e un ovelo grande cheo de fios enmarañados e moitas veces nos atopamos febles ante él e non sabemos como resolver os nosos problemas
Ritmo dinámico:Atopamos que a historia nos dá a sensación de movemento ,xa que os acontecementos son moi detallados nas ilustracións e permitennos ir seguindo o fio da historia ,nunca mellor dito.( Cando se vai desfiañando a chaqueta logo a camiseta ,o pantalón,os calcetíns os calzóns ,o raio de sol,as nubes,o ceo e o bosque de bidueiros).
Os aspectos máis relevantes do texto e que é rimado, con predominio da destreza manual,a curiosidade, a intriga,o xogo, os distintos cambios de ánimo dende o interés, a preocupación, a sorpresa ou as  travesuras ata  o agotamento final. As ilustracións caracterízanse pola  neutralidade resaltando os protagonistas sobre unhas páxinas en branco.



Ningún comentario:

Publicar un comentario